31 jul. 2010

¡PONSE EN MARCHA O EQUIPO SENIOR!

O recén creado equipo senior do CFS Cidade de Viveiro comeza a adestrar o vindeiro luns 2 de agosto. Os rapazes están citados ás 16:00h. para dar comezo os adestramentos da nova tempada na que van a competir na liga provincial. O equipo estará dirixido por Manolo "Calpita".

¡ESCOLA DEPORTIVA DE FÚTBOL SALA!

Obxetivos:
→Iniciación á práctica do fútbol sala a través do fútbol sala.
→Desenrolo das actividades psicomotrices.
→Aprendizaxe da técnica e táctica, cos adestramentos guiados.
→Iniciación á competición escolar.
→Competición en ligas federadas.

Categoría Deportiva:
PSICOMOTRICIDADE (nen@s nad@s nos anos 2005/2006/2007)
PREBENXAMIN (nen@s nad@s nos anos 2003/2004)
BENXAMIN (nen@s nad@s nos anos 2001/2002)
ALEVÍN (nen@s nad@s nos anos 1999/2000)
INFANTIL (nen@s nad@s nos anos 1997/1998)
CADETE (nen@s nad@s nos anos 1995/1996)
XUVENIL (nen@s nad@s nos anos 1992/1993/1994)

30 jul. 2010

¡ESCOLA DE INICIACIÓN DEPORTIVA!

NEN@S NAD@S NOS ANOS 2003/2004

Descrición:
O programa formativo inclúe sesións de cualidades físicas básicas, comúns a tódolos deportes, así como sesións específicas de iniciación aos distintos deportes que se practican: fútbol, fútbol sala…aplicando unha metodoloxía lúdica e recreativa para os nen@s.

Obxetivos:
Con esta actividade trataremos de que o nen@ obteña:
→Desenrolo inicial das cualidades físicas básicas.
→Identificación dos segmentos e elementos do corpo.
→Aprender a relacionarse e convivir.
→Familiarizarse cos distintos deportes.
→Desenrolo adecuado de habilidades e destrezas deportivas.
→Mellora dos aspectos coordinativos.
→Coñecemento dos aspectos básicos teóricos dos deportes.

29 jul. 2010

¡ESCOLA DE PSICOMOTRICIDADE!

PARA NEN@S NAD@S NOS ANOS 2005/2006/2007

Descrición:
A psicomotricidade é unha disciplina que traballa os campos do razoamento e o movemento, e está especialmente dirixida a nen@s de 3 a 5 anos, xa que lles axudará a mellorar o seu comportamento xeral, facilitará os seus aprendizaxes escolares e iniciaránse na actividade deportiva a través do xogo.

Obxetivos:
Con esta actividade trataremos de que o nen@ obteña:
→O coñecemento do seu propio corpo. O control do equilibrio.
→O control da respiración. O dominio da relaxación.
→Eficacia nas coordinacións xerais e parciais.
→Unha correcta estructuración espazo-temporal.

28 jul. 2010

¡INSCRICIÓNS ESCOLA FÚTBOL SALA CFS CIDADE DE VIVEIRO!


●O C.F.S. CIDADE DE VIVEIRO aposta por unha ensinanza deportiva de calidade, mediante a cal os nosos fill@ poidan alcanzar obxetivos educativos, formativos e deportivos acordes ao carácter propio do Clube. Este reto obriganos a contar cun Equipo Humano formado por adestradores con titulacións deportivas especializadas.

→Actividades:
Comezo das actividades: Setembro do 2010:
●Grupos de Competición (Fútbol Sala), estos comezarán a adestrar no mes de septembro e rematarán no mes de Xuño.
●Os horarios poden modificarse en función das necesidades do grupo.
●Os alumn@s que compitan en Ligas Federadas deberán de estar en posesión do D.N.I. ou Pasaporte para poder tramitar a ficha correspondente.
●Ante calquer dificultade cos horarios fixados, consultar posibles cambios có Coordinador da escola.

→Prezo das Actividades:
●O coste das actividades será de 10€/mes.
●O pago dos recibos farase mediante domiciliación bancaria trimestral e do 1 ao 5 de cada trimestre formalizaráse o pago (1º Trimestre-Octubre 2º Trimestre-Xaneiro e 3º Trimestre-Abril).
●A cantidade a aboar dependerá, de cando se inscriba o/a interesad@:
-Primeiro trimestre será de 40€/ano
-Segundo trimestre será de 30€/ano
-Terceiro trimestre será de 30€/ano
●As inscricións depositaránse na Casa da Xuventude do Concello de Viveiro, ao monitor da actividade correspondente ou ben ao Coordinador da escola.
●O prazo de inscrición está aberto toda a tempada.
●A primeira clase/adestramento é totalmente gratuita para aquelas persoas que queiran probar a actividade.
●As actividades deportivas estarán supeditadas en función dun número mínimo (8 alumn@s) para así formar os grupos.
*A inscrición será válida coa entrega de:
1. Da ficha de inscrición completa en todos os seus apartados e firmada polo pai/nai/ titor.
2. 2 fotos tamaño carné co nome por detrás das fotos.

→Ventaxas:
●Disfrutarás dun 20% de desconto nas compras que faigas na tenda de deportes ASPORT21.
●Compartirás adestramentos con xogadores de división de honra e división de prata.
●Partciparás en campionatos esolares e ligas federadas, así como, en multitude de torneos dentro e fora da nosa comunidade.
●Descontos en tódalas empresas colaboradoras do CFS CIDADE DE VIVEIRO.
●Participarás en xornadas de convivencia con outras escolas e clubes deportivos.
●Verás aos teus ídolos en directo xa que asistirás a partidos do Azkar Lugo e CD Burela FS.
●Participarás no torneo de inauguración da tempada da escola.
●Disporás de descontos nos clínics, campus e actividades organizadas polo CFS CIDADE DE VIVEIRO.
●Festa fin de tempada

●Para calquer consulta ou dúbida no tlf. 625 98 05 95 ou no 651 44 70 21
●E-mail: cfscidadedeviveiro@gmail.com