28 ago. 2010

BURELA TURÍSTICA PALESTINA 4-5 C.F.S. CIDADE DE VIVEIRO

Partido moi disputado o xogado polos dous equipos na tarde so sábado e que ao final decantouse por un apretado 4-5 a favor do equipo visitante, o C.F.S. Cidade de Viveiro. A pesar de ser o primeiro partido de pretempada que disputaban ambolos dous equipos empregaronse con todas as gañas e conseguiron ofrecer un encontro con intensidade e tensión ata o asubío final ao público que se desparazou ata o pavillón Monte Castelo de Burela.
Por parte do C.F.S. Cidade de Viveiro xogaron e anotaron: Miguel, Brais, Calpi(1), Mayo, Iago, Borja(2), Paxy(1), Barry(1) e Tati.