27 ago. 2010

¡PRIMEIROS AMISTOSOS DA TEMPADA!

Logo de varias semanas de adestramentos, chegan os primeiros partidos amistosos da tempada. Os partidos serán o sábado ás 16:30h.no Pavillón Monte Castelo contra o Burela Turística Palestina de categoría autonómica e o martes ás 20:30h. no Pavillón Municipal de Viveiro contra o mesmo equipo.