17 oct 2010

¡1º PUNTO DA TEMPADA!

No partido disputado na mañá deste domingo, ás 12:00h., no Pavillón Municipal de Viveiro os rapaces de Fran Vázquez lograron inaugurar o seu casilleiro de puntos, tralo empate a tres goles colleitado fronte ao I.E.S. Coruxo, nun partido tremendamente igualado dende o principio e que conseguiron empatar a falta de 17 segundos para o seu remate.
Agora a seguir adestrando para preparar o vindeiro partido de liga que se disputará dentro de quince días, xa que a vindeira xornada toca descansar por mor da retirada da competición do equipo do Cidade de Ourense.
Por parte do C.F.S. Cidade de Viveiro xogaron e marcaron: Samuel, Paxy (1), Marcos, David, Iago, Jairo (1), Fernando, Bruno, Lucas, Gabriel (1) e Miguel.