16 oct. 2010

¡3ª VICTORIA DA TEMPADA!

Terceiro partido e terceira victoria da tempada. No partido disputado este sábado ás 16:00h. no Pavillón Municipal de Viveiro, correspondente á terceira xornada da liga provincial sénior masculina os rapazes de Manolo Calpita lograron impoñerse ao Castroverde F.S. por 7 goles a 4.
Por parte do C.F.S. Cidade de Viveiro xogaron e marcaron: Miguel, Tati, Paxy (1), Pablo (2), Borja (1), Brais, Bruno, Sombri (1), David (2) e Calpita.

¡NORABOA RAPAZES!