9 oct 2010

¡UNHA DE CAL E UNHA DE AREA!

No partido disputado este sábado no Pavillón Municipal de Sarria o equipo sénior logrou impoñerse por 4 goles a 6 ao Meigallos, a pesar de irse ao descanso por debaixo no marcador.
Por parte do C.F.S. Cidade de Viveiro xogaron e marcaron: Miguel, Tati, Paxy (2), Pablo (1), Borja, Brais (2), Bruno, Iván e Calpita (1).

Pola súa parte os xuvenís non tiveron o debut desexado na liga autonómica e caeron derrotados por 11 goles a 5 fronte ao Carballiño. Os rapazes de Fran Vázquez viñeronse abaixo nos derradeiros minutos do partido nos que encaixaron cinco goles.
Por parte do C.F.S. Cidade de Viveiro xogaron e marcaron: Samuel, Gabriel (1), Marcos (2), Mayo, Fernando (1), Iago (1), Álex e Cristian.